Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Tertulias literarias en Libraída Gondomar

Tertulias literarias en Libraída Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
A libraría LIBRAIDA e o INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS reinician as tertulias "QUEREMOS TANTO OS LIBROS". nesta ocasión falaremos de CONTRA MAQUIEIRO de X.L. MENDEZ FERRIN. Será o 15 de SETEMBRO ( venres ), as 20:00 H, na Librería Libraida, o libro será presentado polo xornalista, escritor e profesor da USC MANUEL OUTEIRIÑO.

En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para levar a cabo unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso. Desde 14th Street á Pena de Anamán, pasando revista aos acontecementos dun século que entronizou a Maquieiro, o poemario estrutúrase en catro partes longas e fermosas. Premio Losada Diéguez de Creación Literaria, 2006