Mércores, 15 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura O Barco da Memoria último día en Baiona

O Barco da Memoria último día en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe é o útlimo día para desfrutar da visita ao Barco da Memoria o Hidria Segundo barado no peirao de Baiona.
Os actos previstos para a xornada de hoxe mércores céntranse na proxeción dos documentais de Antía Paz e Iñaki Alforja e no recital poético Nove voces para a Volta dos nove..

Visita á exposicion itinerante OS MÁRTIRES DO MAR (a represión franquista contra os mariñeiros galegos)  de 11h. a 14h. e de 18h. a 22h, no interior do barco Hidria Segundo.

Ás 19:30 Proxección do documental FOI NO 36 de ANTÍA PAZ  (Vincios).
Proxección do documental PENAL DE SAN CRISTÓBAL. PAMPLONA. A GRAN FUXIDA DOS CÁRCERES FRANQUISTAS, de IÑAKI ALFORJA e coloquio co seu director.
Presenta: ANTÓN MASCATO, membro do Instituto de Estudos Miñoranos. Ás 21h. Recital poético: NOVE VOCES PARA A “VOLTA DOS NOVE”, coa participación de: 

  • MARTA DACOSTA
  • XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
  • GONZALO NAVAZA
  • ANXO ANGUEIRA
  • ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO
  • MIGUEL ANXO MOURIÑO
  • RAMÓN CARIDE
  • FRAN ALONSO
  • SABELA B. IÑARREA

Presenta: ANA MARÍA RODRÍGUEZ, Concelleira de Baiona e da Comisión Volta dos Nove.

Ás 21,45 horas ACTO DE CLAUSURA. 

Interveñen: 
MANUELA LIJÓ, filla de Francisco Lijó Pérez asasinado na Volta dos Nove 
JESÚS LÓPEZ MÉNDEZ, Patrón Maior da Confraría de Baiona. 
XOSÉ LOIS VILAR PEDREIRA, da Comisión Volta dos Nove. 
MARTA SOUTO, delegada provincial da Consellería de Cultura.