Mércores, 15 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura O Barco da Memoria en Baiona

O Barco da Memoria en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
O BARCO DA MEMORIA visitará Baiona dende o 24 ata o 26 Xullo.
Unha homenaxe aos mariñeiros reprimidos polo réxime franquista.
O barco conta cunha exposición permanente no seu interior e nas vilas que visitará haberá conferencias, homenaxes e concertos.

Un antigo e maxestuoso barco de vapor, o Hidria II, percorrerá nos meses de verán a costa galega para recordar e render homenaxe ás persoas represaliadas tras o golpe de estado franquista na Galiza mariñeira. O Barco da Memoria percorrerá 20 vilas, nas que se desenvolverán actividades de divulgación e de recoñecemento. 

Entre os actos previstos haberá exposicións de pintura e fotografía con 18 artistas  miñoráns, concerto da Banda Municipal de baiona. Conferencias e preoxecións cinematográficas.

Os interesados tamén poderán visitar a exposición intinerante no barco “Os mártires do mar” ( a represión franquista contra os mariñeiros galegos).