Domingo, 12 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Continúan os traballos de investigación na Chan de Cereixo

Continúan os traballos de investigación na Chan de Cereixo

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
O pasado luns 3 de Xuño iniciáronse os traballos dirixidos á investigación arqueolóxica do xacemento paleolítico da Chan do Cereixo, en Donas-Gondomar. Este proxecto promovido polo Instituto de Estudos Miñoranos, financiado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza e co apoio decisivo do Concello de Gondomar e da propia Comunidade de Montes de Donas. 

Os primeiros días de traballo centráronse na prospección superficial e intensiva do terreo para buscar posibles restos e indicios así como na selección de áreas prioritarias para a apertura de sondaxes manuais e mecánicos.

Os resultados preliminares permiten xa identificar diferentes momentos de utilización de este excepcional espacio natural durante a Prehistoria, que irían desde o Paleolítico Inferior ata a Prehistoria recente coa aparición de cerámica ou o descubrimento do primeiro petroglifo coñecido na Chan do Cereixo consistente na asociación de diversas cazoletas en semicírculo xunto a outras dispersas pola superficie granítica de pequenas dimensións. Non sería descartable a existencia doutras manifestacións artísticas similares, si ben as evidencias de actividades de aproveitamento de pedra ben puideron xa ter afectado a este importante patrimonio. Na próxima semana procederase á apertura mecánica de gabias e ao seu estudo en detalle. 

Ao mesmo tempo, para favorecer a divulgación da importancia natural e arqueolóxica da Chan do Cereixo e concienciar á sociedade da importancia de preservar o noso patrimonio, a Universidade de Vigo organiza un curso de Extensión Universitaria que do 26 ao 28 de Xullo permitirá expoñer as liñas xenerais do proxecto e contextualizalo a nivel peninsular e que conta coa participación destacados de membros dos equipos dos proxectos Chan do Cereixo e Atapuerca. 

www.minhor.org/cereixo