Martes, 14 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Xornadas sobre o Estatuto en Baiona

Xornadas sobre o Estatuto en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Bandeira de Galicia
O 28 de xuño de 1936 o Estatuto de Autonomía de Galicia era referendado por absoluta maioría. Os datos non deixan lugar a dúbida: 0 99,05%votou afirmativamente cunha elevada participación que superou o 74% do censo. Aquel estatuto de autonomía non puido tomar corpo xa que a sublevación fascista o impediu.

En decembro de 1980 de novo foi aprobado outro estatuto de autonomía, o actual. Naquela altura a participación popular foi moi minguada, un 71% de abstención. Un cuarto de século máis tarde de novo os galegos e galegas andamos a falar dun novo estatuto de autonomía. Este transcendental debate para o futuro do país non pode pasar desapercibido, por este motivo o Instituto de Estudos Miñoranos organizou dúas xornadas de debate sobre a historia dos estatutos de autonomía e o que nos próximos meses vai tomar forma. Estas Xornadas sobre o Estatuto de Autonomía celebraranse na Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 21).

A primeira delas consistirá nunha conferencia do profesor XOSÉ MANUEL BEIRAS TORRADO, catedrático de Estructura Económica da USC e dirixente nacionalista que abordará o tema de “Lois Tobío e o Estatuto de Autonomía”. A temática elixida pretende ser tamén unha homenaxe ao fillo adoptivo a título póstumo do concello de Gondomar de quen se cumpre o día anterior, 13 de xuño, o centenario do seu nacemento. A conferencia do profesor Beiras será o mércores 14 de xuño ás 20:30 h.
O venres 16, a mesma hora, 20:30, e no mesmo lugar, Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 21) terá lugar unha mesa redonda acollida baixo a denominación de “Visións para un novo Estatuto”na que participarán:

• IGNACIO LÓPEZ-CHAVEZ CASTRO, deputado do Partido Popular e membro da Comisión para a reforma do Estatuto.
• ABEL LOSADA ÁLVAREZ, viceportavoz do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE.
• CARLOS AYMERICH CANO, portavoz do grupo parlamentario do BNG