Luns, 6 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura VII Xornadas de Montes e Medio Ambiente

VII Xornadas de Montes e Medio Ambiente

Correo-e Imprimir PDF
O 10 e o 11 de xuño, no Centro Sociocultural de Vincios -Gondomar celebraranse as VII Xornadas de Montes e Medio Ambiente do Val Miñor. 

Nas mesmas debaterase sobre urbanismo e campos de golf ademais de homenaxear aos iniciadores da loita pola recuperación dos montes veciñais

Organizadas pola Mancomunidade de Montes veciñais en Man común do Val Miñor, que preside Latino Rodríguez, e coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos o próximo sábado 10 e domingo 11 terán lugar nas instalacións do Centro Cultural da parroquia gondomareña de Vincios as VII Xornadas de Montes e Medio Ambiente do Val Miñor.
O sábado será a xornada de debate. Tanto a elaboración dos planos xerais dos tres concellos miñoráns como os anunciados proxectos de construcción de diversos campos de golf van ser debatidos nestas xornadas, nomeadamente no aspecto relacionado coa propiedade das comunidades de montes. Os relatores van indicados no programa que se acompaña.
 
O domingo será a xornada de homenaxe aos fundadores da Mancomunidade de montes, algúns deles foron tamén dos primeiros en reivindicar a devolución dos montes aos veciños hai máis de dúas décadas. Os tres homenaxeados son Manuel Figueró Valverde, da parroquia de Camos, o histórico Edelmiro Rodríguez Táboas, da parroquia de Belesar e Domingos Salgueiro, da parroquia de Vincios.
 
Nesta homenaxe será tamén presentada un relato novelado no que se fai unha pequena historia da Mancomunidade de montes do Val Miñor. A breve narración é da autoría de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes. As ilustración son do debuxante miñorán Tokio. O libro contén tamén unha entrevista con Edelmiro Rodríguez Táboas e un breve apéndice cronolóxico no que se recollen algunhas das datas máis significativas da historia da Mancomunidade de Montes do Val Miñor.
 
Tras o concerto da Big Band da banda de Vincios, as palabras de Latino Rodríguez poñerán o ramo ás VII Xornadas da Mancomunidade de Montes.
 
O programa de actos é o seguinte:
 
Sábado 10 de xuño                                                                                              
  • 11.30h. Presentación das VII xornadas a cargo do Delegado Provincial da Consellería de Medio Rural, D. Gonzalo Constenla
  • 12.00h. Mesa redonda: “Os campos de golf e os montes veciñais”

Relatores:
D. Feliciano Fernández- vocal de montes e medio rural de ADEGA.
D. Xosé Lois Vilar- arqueólogo do IEM
D. Alfredo López- membro da Mancomunidade de montes do Val Miñor.

  • 13:00h. Debate moderado por D. Fernando Lahuerta- membro do IEM
  • 19:00h. Mesa redonda: “O urbanismo e os montes veciñais”

Relatores:
D. Raúl Saúl Sueje – Director Xeral de urbanismo da Xunta de Galicia
D. Francisco Trigo Durán –arquitecto técnico e ex – deputado
D. Calixto Escariz – Avogado
D. Xosé Alfredo Pereira – Presidente da ORGACCMM

  • 20.00h. Debate moderado por D. Alberto Covelo – Secretario da Mancomunidade de Montes do Val Miñor.
 
Domingo 11 de xuño                                                                                                        
 
ACTO DE HOMENAXE E RECOÑECEMENTO ÓS FUNDADORES DA MANCOMUNIDADE DE MONTES DO VAL MIÑOR.
 
  • 11:00h. Actuacións musicais
  • 11:30h. Presentación do libro “A toupa” (pequena historia novelada da mancomunidade de montes veciñais en man común do Val Miñor).
  • 12:00h. Entrega do recoñecemento ós fundadores da mancomunidade de montes veciñais en man común do val Miñor, con intervención dos homenaxeados.
  • 12:30h. Concerto de música a cargo da BIG BAND de Vincios
  • 13.00h. Acto de clausura das VII Xornadas a cargo do presidente da Mancomunidade do Val Miñor, D. Latino Rodríguez.