Domingo, 12 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura TERTULIAS LITERARIAS

TERTULIAS LITERARIAS

Correo-e Imprimir PDF
Tertulias Literarias.
Queremos tanto os libros"FOLLAS DO BACALLAU" de Xabier Paz
Presenta Fernando García (Jota)Prf. do IES Escolas Proval. 
Nesta ocasión contaremos tamén coa presenza de Xabier Paz 18 de Abril, martes, as 20:30 H, na librería Libraida
Xabier  Paz  ( A Coruña, 1949 ) reside en Vigo desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, actualmente é investigador (biólogo pesqueiro ) no Centro Costeiro de Vigo (IEO)
Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2005 
DescripciónRústica con lapelas, 334 páxs., 14,5 x 22 
ISBN / ref 84-9782-298-6 
Sinopse
Obra que abala entre o diario persoal, como unha bitácora ou diario de a bordo, o apuntamento memorialistico e, sobre todo, a crónica do mundo da pesca do bacallau.
Relatado desde o punto de vista dun biologo que saber converter a crónica en literatura, este libro dalle voz aos mariñeiros, cada un coas suas preocupacións persoais, esas que adoitan saír nas confidencias das caldeiradas nocturnas: os problemas de saúde da muller, a voda próxima da filla, a merca dun novo coche, as letras do piso...
Anécdotas, reflexións na soidade asoballante do mar, contos que os propios mariñeiros narran, a vida e o traballo de a bordo, a saudade, os labores da pesca, a dureza do día a día, o frío e unha intensa reflexión sobre a propia escrita dan forma a este libro singular e interesante.