Sábado, 11 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Semana da Ciencia 2006 no IES Escolas Proval de Nigrán

Semana da Ciencia 2006 no IES Escolas Proval de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Por segundo ano consecutivo no Instituto de Ensinanza Secundaria “Escolas Proval” de Nigrán celebrarase a 2ª Semana da Ciencia. Nesta ocasión o tema elixido foi “Enerxía nas mans”.

A Semana da Ciencia está organizada por varios seminarios docentes deste centro escolar , así como pola Universidade de Vigo, dentro da rede europea “Hands on Science” e conta coa colaboración dos tres concellos do Val Miñor.

Trátase dunha exposición interactiva de módulos científicos facilmente interpretables e manipulables construídos, a maioría deles, con materiais sinxelos de doado acceso.

Os alumnos visitantes estarán atendidos en todo momento por monitores dos cursos 4º Eso e 1º Bacharelato do propio Instituto, ofrecendo axuda e explicacións sobre os experimentos.

Está confirmada a asistencia de alumnos dos colexios de Ensinanza Primaria do concello de Nigrán así como de Institutos de Secundaria dos tres concellos do Val Miñor.

A exposición comezará o martes 18 de abril e rematará o luns 24, en sesións matinais. No mesmo horario escolar a exposición pode ser visitada por todas aquelas persoas que o desexen.

Lembrar que o traballo realizado polo IES “Escolas Proval” durante o curso pasado, na 1ª Semana da Ciencia, foi galardoado cun premio á Innovación Educativa concedido pola Consellería de Educación da Xunta de Galiza.
http://webs.uvigo.es/h-sci/semanag.htm
http://webs.uvigo.es/h-sci/provalg2006.htm