Martes, 14 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Tertulias do IEM con Lidia Senra

Tertulias do IEM con Lidia Senra

Correo-e Imprimir PDF
Foto Galizacig.org

O próximo venres 13 de xaneiro de 2006, ás 20:30 h. no PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar, terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM: O autor e a súa obra.

Nesta ocasión estará con nós a labrega, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas, ecoloxista e feminista Lidia Senra
. A importantes achegas desta muller que leva dúas décadas ao fronte do movemento sindical labrego galego están suficientemente contrastadas, pero ademáis Lidia Senra é que de anovar o seu discurso político e sindical e proxectalo non só no ámbito europeo coa súa decisiva participación no proxecto Vía Campesina europea, senón tamén no movemento alterglobalizador salientando as súas criticas á Organización Mundial do Comercio. Ademais o seu feminismo exercido dende un cargo sindical como o que detenta non deixa de ser outro aspecto a destacar na súa actividade social.
A presentación da nosa convidada correrá a cargo do presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes e presidente da Comunidade de Montes de Sabarís, Xosé Alfredo Pereira Martínez.

Ao remate da conferencia-coloquio celebrarase unha CEA coa conferenciante, podendo facer a súa reserva no 629 890 320, tendo en conta que as prazas son limitadas.

Entrevista a Lidia Senra