Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

O ‘fracking’ terá que someterse a control “ambiental”

Correo-e Imprimir PDF

Proxecto de fracking en Estados Unidos - USEAO Goberno de Mariano Rajoy ordena someter os proxectos para extraer gas non convencional ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental.

Un dos autores do informe, no entanto, era Fernando Pendás, conselleiro e accionista de Vancast Exploración, unha empresa con proxectos de fracking , segundo desvelou o diario online Vozpópuli.

A polémica extracción de gas de esquisto mediante fractura hidráulica ou "fracking" será vixiada polas autoridades e sometida a control “ambiental” para evitar efectos prexudiciais na saúde dos cidadáns ou no medio ambiente. O Consello de Ministros decidiu o pasado día 15 de marzo “co obxecto de avaliar os impactos sobre o medio ambiente” destes proxectos, incluír “a obrigación de sometelos ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental”.

O PP eloxia a "calidade" de POVISA malia lastrar toda a lista de espera do Sergas

Correo-e Imprimir PDF

© UVigo Centro hospitalario de POVISAO xornal Praza publica a controversia das listas de espera publicadas pola Consellería de Sanidade "con Povisa e Sen Povisa", para amosar que o crecemento da media de espera se debe principalmente este hospital privado ao que están obrigados a asistir todos os veciños e veciñas do Val Miñor.

Xa hai tempo que a Consellería de Sanidade amosa os seus rexistros de listas de espera de dous xeitos: "con POVISA" e "sen POVISA". Deste xeito, o departamento sanitario da Xunta vén admitir abertamente o lastre que supón para o Servizo Galego de Saúde a dependencia deste centro privado, integrado no sistema público polo sistema de concerto e que é o centro hospitalario de referencia para unhas 100.000 persoas da área de Vigo. Nos últimos datos dispoñibles, de decembro de 2012, a lista de agarda cirúrxica "sen POVISA" é de 63,6 días, pero sobe ata os 83,4 ao incorporarse o centro vigués. A razón é que o centro privado acumula agardas de 201,2 días. Malia estas evidencias, o PP aproveitou este mércores un debate parlamentario sobre o novo hospital de Vigo para gabar a "calidade" de POVISA.

Este venres o Asteroide 2012 DA14 achegarase polos ceos das Rías Baixas.

Correo-e Imprimir PDF

OrbitaComparadaTierra-2012D O vindeiro venres día 15 de febreiro o Asteroide 2012 DA14 pasará moi preto do noso planeta e aínda que os científicos encargados do seu seguimento ao longo de todo un ano descartan por completo a posibilidade de impacto, converterase no corpo celeste destas características descuberto que mais se achegue á Terra dende que existen rexistros, ata o punto de que esa noite, poderase seguir a súa traxectoria polo ceo a través duns prismáticos ou un telescopio modesto.

Taller de lactancia en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

 

Taller gratuíto sobre lactancia  CC BY-NC-SA Flickr SanutriNigrán ofertará o próximo 6 de marzo un taller gratuíto de lactancia, que se impartirá na antiga estación de tranvía de Panxón, na Estrada pola Vía número 65.

O escándalo dos medicamentos veleno

Correo-e Imprimir PDF

Centro de saúde en Ngilima (República Democrática do Congo), territorio da enfermidade do soño / Ben Milpas

Só o 1,4% dos 150.000 ensaios clínicos actuais dedícase ás enfermidades dos máis pobres e, mentres, os médicos teñen que usar fármacos creados hai medio século con efectos secundarios brutais ou que mesmo matan os pacientes.

Parece difícil sentir indignación porque unha muller teña a opción de quitarse o bigote, pero depende de que crema contra a lanuxe facial use e de se se coñece a delirante historia da eflornitina. O relato, como moitos bos relatos, empeza en África. Hai 25 anos, en concreto. Por entón, no continente rexistrábanse cada ano uns 350.000 casos da enfermidade do soño. O proceso era sempre o mesmo: unha mosca tsetsé picaba aos campesiños e transmitíalles un parásito, que se multiplicaba no seu sangue e invadía o seu corpo. Os bichos microscópicos infectaban o sistema nervioso central. E o comportamento dos enfermos transformábase. Sentían confusión e eran incapaces de coordinar os seus movementos. E se a enfermidade non se trataba, morrían.

As Xemínidas, un espectáculo astronómico para gozar a partir desta madrugada.

Correo-e Imprimir PDF

aarb noiteA pesar de que a fama dentro do mundo das choivas de estrelas adoitana levar ano tras ano as populares Perseidas de mediados de agosto, as Xemínidas son para moitas persoas familiarizadas coa observación astronómica, sen dúbida a mellor choiva do ano. Pero claro está, as noites de inverno xogan na súa contra polo frío, as menores posibilidades de ceos despexados e por que non dicilo, a maior densidade de novas que os medios de comunicación teñen que atender en inverno, o cal provoca que en ocasións as Xemínidas pasen sen pena nin gloria no que ao mediático se refire.

O cerebro das persoas maiores, máis proclive ante as estafas e os enganos.

Correo-e Imprimir PDF

Aos anciáns mostráronselles imaxes de xente que transmitía confianza ou deshonestidade. Catalogaron ben ao primeiros pero confundiron as pistas faciais dos segundos. Na imaxe, Carlo Ponzi, o maior estafador da historia de EEUU. / Leslie Jones Collection/Boston Public LibraryQue haxa maior número de persoas de avanzada idade na estafa das preferentes e subordinadas de Nova Galicia Banco ou mesmo que o voto electoral dunha parte do electorado con mayor idade se decante por algúns candidatos/as que atesouran un pasado delictivo, podería ter explicación segundo un estudo realizado por investigadores de EEUU. As persoas maiores miran honestidade en rostros que os demais consideran de pouco fiar, sendo fáciles vítimas de estafas.

Cegos de nacemento aprenden a ler "con sons"

Correo-e Imprimir PDF

Unha persoa con discapacidade visual utilizando o sistema vOICeUn equipo de científicos mostra vídeos de persoas invidentes identificando expresións faciais e fachadas de casas grazas a complexos sinais de audio.

O aparello chámase vOICe e non é casual que o tres letras intermedias escríbanse en maiúsculas. En inglés, voice é voz, pero OIC lese como “OH! I see!” (oh! vexo!). E o dispositivo chámase así porque transforma as imaxes en complexos sinais de audio, permitindo así que as persoas cegas "vexan polos oídos", igual que "ven polos dedos" cando len braille.

“Mateina, pero nunca lle puxen un dedo encima”

Correo-e Imprimir PDF

A violencia machista é o resultado dun intento de limitar pola forza a independencia feminina / MacnoleteUn estudo analiza as diferenzas psicolóxicas entre os homes que pegan ás súas mulleres e os que as asasinan.

Unha das teorías máis aceptadas para explicar por que os homes pegan e matan as súas mulleres atribúeo á posesividade sexual masculina. Este trazo froito da evolución está presente, aínda que en diferente grao, en practicamente todas as culturas do planeta e vai máis aló dos ciumes. Segundo varios estudos, esa característica reflicte a asunción por parte do home do seu dereito e autoridade para controlar o que percibe como seu e, desde este punto de vista, a violencia machista, o asasinato incluído, é o resultado dun intento de limitar pola forza a independencia feminina.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL