Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Tecnoloxía Obradoiro de introdución á programación con OpenFrameworks en Nigrán con Horacio González Diéguez.

Obradoiro de introdución á programación con OpenFrameworks en Nigrán con Horacio González Diéguez.

Correo-e Imprimir PDF
Dombis 1687-800x500

Este obradoiro achegará unha introducción á programación de código aberto con OpenFrameworks da man do profesor Horacio González Diéguez. O mesmo terá lugar entre os días 28 ao 30 de xaneiro na Casa Colorida de Nigrán, Rúa Rosalía de Castro, 16. O curso ten un límite de 10 prazas e abrangue a instalación e configuración de OpenFrameworks en Ubuntu, a manipulación creativa de exemplos, a utilización de addons e o desenvolvemento dunha pequena aplicacións dende cero. As inscricións deben dirixirse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Descrición Obradoiro:

Código, glitch e creatividade. Obradoiro de introdución a OpenFrameworks (http://openframeworks.cc/) e as súas posibilidades no ámbito audiovisual a través do traballo de Horacio González nos colectivos VHPlab e Ulobit.

OpenFrameworks é una librería libre deseñada para axudar no proceso creativo, que proporciona un marco sinxelo e intuitivo para o desenvolvemento de aplicacións, sistemas interactivos ou proxectos baseados en computer vision. “Pese a tratarse dun entorno sinxelo que permite un fluxo de traballo rápido e eficaz á hora de levar a cabo proxectos, OpenFrameworks é unha librería baseada na linguaxe C ++ e a súa curva de aprendizaxe resulta dura para aquelas persoas que non teñan experiencia previa noutras linguaxes de programación”, sinalan dende a Casa Colorida.

No marco deste Obradoiro, “para facilitar un achegamento multidisciplinar, creativo e dende distintos niveis e intereses a OpenFrameworks, traballaremos na instalación e configuración do entorno en UBUNTU, na manipulación creativa de exemplos dados e, finalmente, no desenvolvemento dunha pequena aplicacións dende cero”, explican.

Datas:

XOVES 28 de XANEIRO | 17:00 a 20:00

VENRES 29 de XANEIRO | 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

SÁBADO 30 de XANEIRO | 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

Metodoloxía:

As sesións deste obradoiro se desenvolverán en 5 sesións de 3h cada unha.

Contidos:

Instalación e configuración de OpenFrameworks en Ubuntu

Manipulación creativa de exemplos

Utilización de addons

Desenvolvemento dunha pequena aplicacións dende cero.

Custes:

Asistencia ao obradoiro sen hospedaxe: 50,00€

Hospedaxe completa na Residencia Casa Colorida en cuarto compartido : 8€ diarios.

Formulario de inscripción:

A inscripción realizarase a través do seguiente email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Este obradoiro se desenvolverá unha vez acadado un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10 persoas inscritas.