Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

O BNG organiza un roteiro pola parroquia de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

barrio da igrexaDentro do programa ‘’Camiña co BNG’’, o BNG Comarcal en colaboración co BNG Nigrán e a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 ten previsto realizar un roteiro, aberto para toda persoa que queira asistir, para coñecer os elementos patrimoniais da parroquia de Chandebrito (Nigrán).

Nigrán organiza un curso preparatorio para persoas adultas destinado a obter o título da ESO.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Turismo, Cultura, Xuventude, e Igualdade do Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres organiza un curso preparatorio das probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ( E.S.O. ) para persoas adultas. O curso comezará no mes de outubro. Prazo de inscrición dende o 21 de setembro ata o día 6 de outubro.

Clases de baile latino en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

latinobaileA Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 organiza por terceiro ano consecutivo a actividade de bailes latinos (salsa, merengue, bachata, roda cubana e chachachá), que se desenvolverá no seu local social da escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa núm. 2) os venres de 19:00 a 20:00 h.

Xornada de portas abertas de ximnasia hipopresiva no Centro Cultural de Vincios

Correo-e Imprimir PDF

3 HipoplayaComo preámbulo da actividade de Ximnasia Hipopresiva que se impartirá no Centro Cultural de Vincios os luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas a partir de outubro, cun custe de 20€/mes por alumno socio e 23€/mes por alumno non socio. O Centro Cultural abre as súas portas de maneira gratuíta a todos aqueles que desexen probar a actividade ou convidar a veciñ@s, compañeir@s, familiares ou parellas.

Nigrán abre inscricións para 5 sesións no balneario Talaso Atlántico de Oia con subvención parcial.

Correo-e Imprimir PDF

talaso oiaO Concello de Nigrán informa que a Deputación Provincial de Pontevedra convoca á segunda edición do Programa Diúrno de Balnearios "Coidarte 2015".

O programa consiste na asistencia cinco tardes seguidas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia, facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL