Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Concello de Nigrán organiza unha “Pequeruta” na parroquia de Parada

O Concello de Nigrán organiza unha “Pequeruta” na parroquia de Parada

Correo-e Imprimir PDF
pirata

O Concello de Nigrán organiza mañá xoves unha nova peque-ruta, nesta ocasión aos pes do monte Montecastelo (Parada).

O punto de encontro será ás 18,00 horas un pouco antes da chegada ao propio merendeiro de Montecastelo (estará sinalizado).

A actividade está especialmente deseñada para o disfrute dos máis pequenos, tratándose dunha andaina tematizada baseada nun rescate de animais con diferentes probas de habilidade e pericia.

A ruta consta duns 3 km de lonxitude e dúas horas de duración aproximadamente.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodo.