Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Asociación Veciñal Galiñeiro de Vincios convida á IV Festa do Día dos Veciños. #Gondomar.

A Asociación Veciñal Galiñeiro de Vincios convida á IV Festa do Día dos Veciños. #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
galineiro

Será o vindeiro domingo 13 de setembro na Área Recreativa do Centro Cultural de Vincios. Dará comezo ás 11 horas cun programa musical conformado por grupos e músicos da parroquia que animará o encontro até a noite.

Ao mediodía terá lugar unha comida de confraternidade, onde os veciños poderán levar a súa comida ou mercar polbo ou churrasco que ofrecerá a organización.

Cada quen deberá procurarse mesas e cadeiras para instalar na área recreativa. Haberá xogos infantís e hinchables para os pequenos ata media tarde.

Comida

A organización oferta comida do restaurante Moisés , nomeadamente tapas de polbo a 6€ as pequenas e 10€ a grande. Churrasco con cachelo e criollo a 7€.

Programa Musical

Inda que poden existir cambios na orden dos números artísticos o programa incluirá a participación da Charanga Vai de Baile, Os Alegres do Val Miñor, O Coro Tradicional Cantares do Brión, Grupo de Gaitas Ares de Santes, Grupo de Baile Froles do Galiñeiro, Grupo de Pandeiretas Froleada, Trío Azar, Banda da Agrupación Musical de Vincios, Coro da Agrupación Musical de Vincios, Charanga Va K Pinta, e convidado o grupo folk Xistra de Coruxo.

A actividade conta co apoio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Gondomar.