Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A parroquia de Parada celebra dende mañá a súa V Semana Cultural

A parroquia de Parada celebra dende mañá a súa V Semana Cultural

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor para celebrar a V Semana Cultual que terá lugar dende mañá martes ao venres 24 de xullo. Así, dende o martes ao xoves desenrolaranse diversas actuacións folclóricas e o venres terá lugar o primeiro entroido de verán na parroquia, enmarcado na VI Festa da Xuventude. Ese día a comparsa 'Fantasía de Primavera' do C.C.R. de Parada volverá a mostrar ao público a súa coreografía xunto ao grupo Breogán Valle Miñor. Ademais, haberá discoteca móbil e Djs.


Programa
Martes 21:
-20:30 h. Pandereteiras Cacharela de Taborda e ás 21:30 h. Grupo Breogán Valle Miñor (Baile de Salón, teatro, mestura de danzas e música).
Mércores 22:
-20:30 h. Actuación da Escola de Danza Moderna Concello de Gondomar ( Asociación Xuvenil de Paradela).
-21:30 h. Grupo Folclórico A Merced de Chaín.
Xoves 23:
-20:30 h. Grupo de Danza Studio 88 de A Guarda.
-21:30 h. Grupo Breogán Valle Miñor ( Baile Galego, gaiteiros e pandereteiras).
Venres 24:
VI Festa da Xuventude e Entroido de Verán a partir das 22.30 horas.