Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Cantares do Brión nas festas de Santa Mariña: “toda a música é bailable”.

Cantares do Brión nas festas de Santa Mariña: “toda a música é bailable”.

Correo-e Imprimir PDF
cantares-cuvi

Este domingo 19 de xullo a parroquia de Vincios vivirá unha xornada especial coa celebración das festas de Santa Mariña. Ás 13:30 horas e dentro do programa festivo terá lugar a actuación do Coro Tradicional Cantares do Brión no torreiro. "Para esta ocasión escolleuse un repertorio moi variado, con pezas habituais en Cantares do Brión e outras novas, destacando a estrea de dúas melodías populares enlazadas, coa participación da sección de baile do coro", adiantan dende a agrupación.


Así, o coro subliña a oportunidade "da presenza da música galega nas nosas festas e romarías, perfectamente compatible coas orquestras". Porque ao cabo, sinalan "toda é música bailable".