Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A celebración do Día Mundial do Medio Ambiente en Gondomar queda posposta para a vindeira semana

A celebración do Día Mundial do Medio Ambiente en Gondomar queda posposta para a vindeira semana

Correo-e Imprimir PDF
CONCELLO-CARTEL-DIA-MEDIO-A

As inclemencias meteorolóxicas impediron desenvolver os actos organizados pola Asociación A Groba en colaboración co Concello de Gondomar previstos para este venres e sábado na vila. As mesmas terán os días venres 13 e sábado 14 de xuño.

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas, en 1972 estableceu a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Esta celebración é un vehículo que utiliza as Nacións Unidas para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política.
A Asociación A Groba quere celebrar esta data cun ciclo de cine o aire libre, coa proxección de dous documentais e unha película. Asolagados e A súa maxestade a saqueta de plástico. Unha aproximación a situacións diversas que resultan despois de anos de avance, aplicación de tecnoloxía ou a trazo que deixan os humanos no medio. Tamén será proxectado o filme, A terra prometida sobre a actualidade do fracking nos EE.UU.
Con estas actividades, A Groba quere poñer en valor o Medio Ambiente, "respectalo, coidalo é unha tarefa a realizar cada día. Todos queremos un futuro próspero e seguro, sen ningunha dúbida ese futuro pasa polo respecto o Medio Ambiente, para a celebración deste ano: parada e reflexión".