Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xornada de portas abertas nas Proval con exhibición de traballos dos ciclos de electrónica e telecomunicacións.

Xornada de portas abertas nas Proval con exhibición de traballos dos ciclos de electrónica e telecomunicacións.

Correo-e Imprimir PDF
proval

Este luns 2 de xuño terá lugar unha xornada de portas abertas no IES Escolas Proval coa celebración da Romería das Letras e unha mostra de traballos realizados polos alumnos de ciclo medio de Telecomunicacións e superior de Mantemento Electrónico.

Unha aula domótica realizada con financiamento do Ministerio de Educación, unha videorockola, un chutómetro para medir a velocidade coa que se lanza unha pelota ou un semáforo de aula activado polo nivel de ruído, son algúns dos proxectos que se exhibirán no marco desta mostra chamada Expolectrónica organizada polo Departamento de Electrónica do IES Escolas Proval. Evento que na primeira edición en 2013 recibira o premio á Innovación Educativa da Consellaría de Educación na categoría de Electrónica e Telecomunicacións.
Dende o Departamento de Electrónica convidan a toda a veciñanza da bisbarra e en particular aos máis mozos a visitala. Unha boa posibilidade de coñecer a versatilidade dos traballos que poden realizar se se decantan por matricularse nestes ciclos formativos.
A mostra poderá visitarse no horaria de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:30 coincidindo cunha nova edición da Romería das Letras.