Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda #Nigrán - Inscricións para os campamentos infantís de A Lanzada e Príncipe Felipe.

#Nigrán - Inscricións para os campamentos infantís de A Lanzada e Príncipe Felipe.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán, a través da concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude, informa que xa está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos de "A Lanzada", organizados pola Deputación de Pontevedra. O campamento está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2006, ambos os dous incluídos, e o período de inscrición remata o día 1 de abril.

Tamén está aberto o prazo de inscrición para os campamentos polideportivos Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra, destinados a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2007 ambos os dous incluídos, cuxo periodo de inscrición remata tamén o primeiro do próximo mes.
Para máis información e/ ou inscrición contactar coa OMIX de Nigrán, situada na Estrada pola Vía, 65 (antiga estación do tranvía) ou no teléfono 986 383 081.