Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Espazo Lectura despide o 2013 cunha “Noite Golfa” na Casa da Lectura.

Espazo Lectura despide o 2013 cunha “Noite Golfa” na Casa da Lectura.

Correo-e Imprimir PDF

-«Todo roto», espectáculo poético-musical este sábado nas Noites Golfas da Casa da Lectura en Donas.

Espazo Lectura trae a Gondomar o espectáculo poético-musical Todo roto, que terá lugar estes sábado 21 de decembro, ás dez da noite (22:00 horas) na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, Gondomar). Enmarcado dentro dunha nova sesión das Noites Golfas (de entrada libre), o espectáculo poético-musical Todo roto, está protagonizado por dous artistas de excepción, o poeta Xelís de Toro e o músico L.A.R. Legido. Ambos os dous xuntan todos os seus anacos rotos: trompeta, xoguetes, voz, cacharrada, batería, movementos, percusión, para construír algo case enteiro que non se pareza demasiado nin á poesía, nin a música, nin á danza.