Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda As oito Voces Del Más Acá acheganse até o Val

As oito Voces Del Más Acá acheganse até o Val

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz dos concertos

O octeto vocal Voces del Más Acá nace a principios do ano 2009 formado por xoves músicos coa simple idea de reunirse placenteiramente a cantar.

O espazo do Conservatorio Superior de Música de Salamanca actuou como incubadora onde, nunha pequena cabina e arroupados pola bela sonoridade dun órgano de tubos, comezaron a ensaiar un repertorio divertido e a forxar grandes amizades. Deste xeito, os oito compoñentes e amigos reuníanse para interpretar unha música de calidade, amena e sensible recorrendo a todos os métodos posibles para facer atractivo e ata pouco común á vista e aos oídos do seu público, un repertorio popular.

 

O Jazz, as versións, as adaptacións e ata a percusión corporal son algunhas das innovacións que este grupo incorporou no campo da música coral. Dende Short People de Randy Newman ata It Don´t Mean a Thing de Duke Ellington pasando por versións para tecla de J.S. Bach como Little Organ Fuxa BWV. 578, obras de percusión corporal de William J. Schinstine como Rock Trap, adaptacións vocais de Creole Love Call de B. Strayhorn e de Overture 1812 de P. Tchaikovsky.

Todo isto e máis, procurando seguir os pasos de grandes grupos como Swingle Singers, New York Voices, Manhattan Transfer, The King Singers, etc pero sobre todo, disfrutando cada vez que soben ao escenario.

Axenda no Val Miñor

  • 21 decembro ás 23:30 no Marrucho - Baiona
  • 22 decembro ás 18h na Casa Colorida de Nigrán e ás 20:30 no Centro Cultural de Mañufe

Actualización - Aprázase o concerto na Casa Colorida en Nigrán