Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A cantautora Sés protagonista dunha nova TERTULIA do IEM

A cantautora Sés protagonista dunha nova TERTULIA do IEM

Correo-e Imprimir PDF
ses

Este venres 13 de decembro ás 20:30 horas terá lugar unha nova TERTULIA do IEM, nesta ocasión coa participación da cantautora Sés. Bieto Legaspi Villamarín estará a cargo da presentación do acto. Despois do faladoiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, terá lugar unha cea coa convidada no Pazo da Escola de Mañufe para a que se debe reservar lugar no teléfono 986360575, ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ata o vindeiro xoves 12 pola noite.

Sés
Se algo podemos destacar de Sés é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galicia, percorrendo diferentes escenarios, vila tras vila e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.
Licenciada en Filoloxía e Antropoloxía, María Xosé Silvar "Sés" (A Coruña, 1983), tamén leva adiante un intenso traballo nos eidos social e cultural.