Martes, 19 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Especialistas no tratamento da dislexia presentarán este venres un coloquio aberto en Gondomar.

Especialistas no tratamento da dislexia presentarán este venres un coloquio aberto en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
dislexia

-Será ás 20.00 horas no Centro Neural do municipio con entrada gratuíta.

A Concellaría de Benestar Social, a través do Centro de Información á Muller organiza a charla "Falamos de dislexia". Terá lugar o próximo venres 10 de maio no Centro Neural de Gondomar, ás 20.00 horas.

Contará coas intervencións de Cristina Porto González (Vicepresidente de AGADIX, Asociación Galega de Dislexia); Mónica Villar Guisado (neuro psicóloga) e Mª Carmen Rodríguez de Dios (logopeda).

A entrada será gratuíta ata completar aforamento e está destinada ao público en xeral.