Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O escritor Francisco X. Fernández Naval presenta a súa novela “A noite branca” na librería Libraida de Gondomar.

O escritor Francisco X. Fernández Naval presenta a súa novela “A noite branca” na librería Libraida de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
CHISCO---BATER-DE-SOMBRAS-0

 

O vindeiro venres 19 de abril ás 20:30 horas terá lugar en Gondomar a presentación do libro A noite branca (Edicións Xerais), na librería Libraida (Rúa Rosalía de Castro Nº 13). O acto, aberto a todo público, contará coa presenza do escritor Francisco X. Fernández Naval –autor do libro-, e a presentación estará a cargo da profesora do IES Escolas Proval, Rosa Pascual.

A novela A noite branca, xira arredor da experiencia dos voluntarios galegos na División Azul. Unha unidade de voluntarios españois que serviu entre 1941 e 1943 no exército alemán durante a Segunda Guerra Mundial, no intento de invasión á entón  Unión Soviética.

O seu protagonista, Marcos,  sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varias fotografías e un feixe de cartas escritas por un voluntario da División Azul, enviadas desde a fronte rusa en 1941, e atopadas no interior dunha caixa de marmelo.

O autor, Francisco X. Fernández Naval (1956) é poeta e narrador.Foi un dos pioneiros da abordaxe na nosa lingua do tema da guerra civil cunha novela, O bosque das antas, que foi Premio Xerais en 1988.