Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Sesión de lectura compartida e visita ao Castro da Pedra Moura para adolescentes.

Sesión de lectura compartida e visita ao Castro da Pedra Moura para adolescentes.

Correo-e Imprimir PDF

 

O sábado 23 de febreiro a Casa da Lectura acolle a partir das 12:00h unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura, dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 15 anos, que este trimestre organiza as súas actividades arredor do tema Mundos fantásticos. A sesión abrirase cunha conversa sobre a lectura da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e do cómic que Antonio Seijas acaba de publicar a partir desa novela. Nesta parte da sesión contarase coa presenza de Félix Rodríguez, coordinador do club Lecturas debuxadas de Espazo Lectura, con quen se analizará o traballo de adaptación entre a novela e o cómic.

Na última parte da sesión e logo dun xantar na Casa da Lectura, achegaranse ao Castro da Pedra Moura, en Donas, onde terá lugar unha actividade sorpresa arredor do conto "A serpe de pedra", incluído no libro Tres pasos polo misterio, de Agustín Fernández Paz.