Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Candido Pazó e o actor Juan Díaz ("Aquí no hay quien viva") na carteleira do Auditorio de Gondomar.

Candido Pazó e o actor Juan Díaz ("Aquí no hay quien viva") na carteleira do Auditorio de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
pazo-diaz

-O monologuista Candido Pazó presenta o sábado 17 un espectáculo de humor ácido e diversión

-O domingo 18 Juan Díaz, actor de 'Aquí no hay quien viva', representará 'Caso 315'

Teatro reflexivo e humor ácido serán as protagonistas da fin de semana dentro programación cultural deseñada pola Concellería de Cultura, dirixida por Ignacio Troncoso, para o auditorio Lois Tobío. O sábado 17 de novembro, ás 22 horas, o actor e monologuista Candido Pazó levará ao auditorio un espectáculo de humor satírico e explosivo sobre a realidade que nos rodea. O custe da entrada é de 3,50 euros

O domingo 18 será a quenda da representación teatral 'Caso 315', unha obra baseada en feitos reais, non recomendada para menores de 14 anos. O actor Juan Díaz ('Aquí no hay quien viva' e 'Amar en tiempos revueltos') interpreta sobre as táboas este espectáculo que convida a reflexionar sobre experiencias afastadas da nosa realidade pero retransmitidas a diario nos medios de comunicación. O prezo da entrada é de 10 euros e para os acompañantes que se topen en situación de desemprego será gratuíta.