Venres, 5 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Xeira nocturna do IEM polos petróglifos do Monte Tetón no concello de Tomiño.

Xeira nocturna do IEM polos petróglifos do Monte Tetón no concello de Tomiño.

Correo-e Imprimir PDF
xeiras-do-iem-teton

-Este venres día 20 de xullo ás 22:00horas celebrarase unha visita aos petróglifos do Monte Tetón.

- A Xeira estará guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM)

Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos organiza por undécimo ano consecutivo unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna. Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes ou ao anoitecer dirixidos por especialistas no tema da visita.

Este venres día 20 de xullo ás 22:00 horas terá lugar unha visita ao xacemento arqueolóxico do Monte Tetón, situado na parroquia de Tebra (concello de Tomiño). O punto de encontro será na Casa Consistorial do Concello de Tomiño, onde o arqueólogo Xosé Lois Vilar introducirá aos visitantes no contexto da arte rupestre no nordeste peninsular, cunha especial atención no tema das escenas de caza atopadas en diversos conxuntos de Galicia e Portugal.

Posteriormente o equipo de Xeiras do IEM conducirá aos visitantes ata o petróglifo As Portaxes (Monte Tetón), onde se atopa o panel co maior gravado de círculos concéntricos do mundo. Nese punto, na noitebra, Xosé Lois Vilar brindará unha explicación das diversas figuras gravadas nesa rocha, así como do contexto xeográfico, toponímico e histórico do lugar.

A Xeira desenvolverase en conxunto co Concello de Tomiño, nun marco de colaboración para o desenrolo de visitas ao Monte Tetón no transcurso do verán 2012:

Venres 20 de xullo.

Venres 24 de agosto.

Venres 14 de setembro.

Tódalas saídas son ás 22 horas dende a Casa Consistorial do Concello de Tomiño. A participación é gratuíta.