Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda "Cunqueiradas" de Cándido Pazó abre a carteleira da fin de semana no Auditorio de Gondomar.

"Cunqueiradas" de Cándido Pazó abre a carteleira da fin de semana no Auditorio de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Cunqueiradas valminor

O Concellaría de Cultura de Gondomar, en colaboración co AGADIC e a Xunta de Galicia, presentan a Cándido Pazó e o seu espectáculo "Cunqueiradas" este venres 18 de maio ás 21 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío. Pazó realiza nesta actuación un monólogo cómico a partir de historias de Álvaro Cunqueiro, autor de Mondoñedo do que se conmemorou o centenario do seu nacemento en 2011.

 

Carteleira da fin de semana no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

O sábado a compañía Ibuprofeno teatro representa a obra "A filla de Woody Allen", na que o punto de partida é o inicio dunha viaxe da protagonista na procura do seu pai, ás 21:00 horas.

O domingo as 18:00 horas Son + d2 tráenos un espectáculo infantil, "Concerto didáctico" para gozar dun domingo en familia.

A Concellería de Cultura organiza estas representacións dentro do seu programa das Letras Galegas 2012.