O Mercado Tía Ni anuncia unha charla - encontro para os fanáticos e aqueles que queiran iniciarse no "mundo fantástico" das Cartas Magic. O mozo vigués, Roberto Alonso será o encargado do faladoiro sobre estes coleccionables creados por Richard Garfield (New York, 1966), na década dos 90 e que conta hoxe con más de seis millóns de seguidores en todo o mundo. A partir das 18 horas, na Rúa Julián Valverde, nº 36 (Sabarís), os participantes tamén terán un mercado para comprar ou intercambiar tacos e naipes.
Apreciadas non só como instrumento de xogo, as Cartas Magic son apreciadas polos coleccionistas polo seu valor estético. Para iso, o Mercado será un espazo aberto para mercar ou intercambiar tacos e naipe. Os participantes poderán adquirir naipes dende 15 céntimos ata mazos de 40 cartas (máis 10 complementarias e unha de sincronía) por valor de 15 euros.
Cada partida de Magic representa unha batalla entre poderosos meigos. Chamados planeswalkers no xogo, cada un destes magos é un dos xogadores da partida. Os xogadores poden usar feitizos (conxuros, artefactos, terras, criaturas fantásticas, etc.), representados individualmente en cada carta, para derrotar aos seus opoñentes. Deste xeito, o concepto orixinal do xogo inspírase de forma notable nos duelos de magos típicos dos xogo de rol tradicionais.