Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Charla aberta sobre eficiencia empresarial do enxeñeiro Jesús Fernández Alonso no IEM.

Charla aberta sobre eficiencia empresarial do enxeñeiro Jesús Fernández Alonso no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
jesus fernandez

Este xoves 10 de novembro ás 20:30h na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) o enxeñeiro industrial Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título "Lean Manufacture. A mellora da empresa". O especialista será presentado polo tamén enxeñeiro industrial e alcalde Gondomar, Fernando Guitián Guitián. A charla é aberta a todo público.

 

LEAN MANUFACTURING é un sistema de xestión da fabricación que tenta reducir ou eliminar todos os procesos e operacións que non achegan valor ao produto final e polos que o cliente non vai pagar. Está baseado no sistema de produción da Toyota xaponesa.

Jesús Fernández Alonso, natural e veciño de Gondomar, é Enxeñeiro Industrial e realizou a especialidade en organización industrial. É tamén Técnico Superior en Riscos Laborais, especialidade de Seguridade no traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Realizou tamén cursos de Loxística e é especialista en Lean Manufacturing

Realizou traballos para diversas empresas da área de Vigo e do Miñor e dende 2005 e responsable de produción e calidade de Figueiró Forjados (Nigrán). Ten publicado artigos na revista do Colexio de Enxeñeiros.