Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Vídeoconferencia cos autores de "O fillo da furia" na primeira sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas

Vídeoconferencia cos autores de "O fillo da furia" na primeira sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas

Correo-e Imprimir PDF
ofillodafuria

Este martes 18 de outubro, ás 20.00 horas, Espazo Lectura comeza as sesións do club de cómic Lecturas Debuxadas da nova tempada. Nesta ocasión, comentarase o cómic galego O fillo da furia (Demo editorial) de Manolo López Poy e Miguel Fernández.

Videoconferencia cos autores

O guionista e o ilustrador do cómic estarán presentes na biblioteca de Gondomar a través dunha videoconferencia. Os lectores que se acheguen á biblioteca poderán charlar con eles na segunda parte da sesión, a partir das 21.00 horas.

O cómic

Toribio, o pseudónimo de Mamed Casanova, foi o bandoleiro galego de principios do século XX que puxo nun brete á Garda Civil en máis dunha ocasión. As súas historias fanse cómic da pluma do xornalista Manolo López e do pincel do deseñador Miguel Fernández. Esta é unha novela negra que presenta a un Toribio que fai memoria sobre a súa vida logo de regresar á súa aldea preto da Coruña, despois de pasar 25 anos no cárcere de Figueres (Girona).