Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O IEM prepara unha nova xeira coa "Noite de estrelas e lobos" na Serra da Groba .

O IEM prepara unha nova xeira coa "Noite de estrelas e lobos" na Serra da Groba .

Correo-e Imprimir PDF
lobo-luna

Continúan as Xeiras 2011 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta semana, coa colaboración da Asociación Astronómica Rías Baixas, para unha "Noite de estrelas e lobos" na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona).

Os participantes visitarán un vello foxo de lobos e, coa axuda dos asistentes e a animación do experto Xilberte Manso (IEM), "darán caza ao espírito do lobo que metía medo aos vellos habitantes e gando da serra da Groba". Cando pase o susto terase tempo para que Gustavo Sanromán, membro da Asociación Astronómica Rías Baixas –con permiso da climatoloxía- faga unha presentación sobre o ceo de verán.

Dado que parte do percorrido será nocturno a organización recomenda levar lanternas e, roupa de abrigo, así coma algún instrumento para facer ruído e "escorrentar ao lobo". Non sobrará algunha manta ou toalla grande para pór no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda. E, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).

Detalles da Xeira

• Mércores, 10 de agosto de 2011

• Hora: 21,00

• Saída de Chan da Lagoa.

• Guías: Xilberte Manso, Gustavo Sanromán (A.A.R.B.)