Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Surfing Day a cargo dos Patos Surf Club coincidindo co Día Internacional do Surf

Surfing Day a cargo dos Patos Surf Club coincidindo co Día Internacional do Surf

Correo-e Imprimir PDF
SURFING-DAY-Y-OTROS-075

O Patos Surf Club celebra unha xornada de portas abertas de surf na praia de Patos.

O club de surf ofrecerá un bautismo pola mañá e aluguer gratuíto de material de surf e bodyboard pola tarde.

A oferta deportiva deste fin de semana no Concello de Nigrán complétase cunhas xornadas de portas abertas na Praia de Patos o vindeiro domingo a partir das 11 horas. A actividade, organizada polos Patos Surf Club con motivo do Día Internacional do Surf, bate unha vez máis record de participación, xa que o club espera contar coa participación de máis dun centenar de afeccionados ás táboas.