Mércores, 8 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica Infantil e Xuvenil de Nigrán.

Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica Infantil e Xuvenil de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
orquestra_sinfonica_infantil_xuvenil_Nigran

Mañá mércores 22 de decembro dende as 20,00 horas no Centro Cultural do Torreiro de Priegue “Concerto de Nadal” a cargo das alumnas e alumnos da Orquestra Sinfónica Infantil e Xuvenil de Nigrán baixo a dirección de Miguel Ángel Quiñones Cabezón. O concerto e froito de moitos meses de ensaio no Colexio Público de Mallón, onde asisten nenas e nenos dende os sete aos quince anos. O espectáculo é libre.

O concellería de Cultura de Nigrán anuncia que coas obras do novo Concello e o Auditorio no ano 2011 a Orquestra Sinfónica terá un “magnífico espazo para actuacións e ensaios “. O novo edificio tamén beneficiará a “outras entidades culturas e musicais de Nigrán”, afirmou o concelleiro de Cultura Juan González.