Mércores, 12 Maio. 2021

Actualizado07:14:33 AM GMT

Estás en Canais Axenda A obra do escultor Enrique Conde chega ao Val Miñor.

A obra do escultor Enrique Conde chega ao Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
aula_ponte_de_rosas

Gondomar recibe a exposición "Lugares-Territorios. Unha dúcia de construcións en madeira" do artista plástico Enrique Conde. A inauguración será o próximo venres 26 de novembro na sala de exposicións Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos. Ás 20:30 horas abrirá a mostra que contará coa presenza do creador. A presentación estará a cargo de Xosé Manoel González Rivera, deseñador gráfico, doutor en Belas Artes e profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde. Finalizada esta o público compartirá uns petiscos co artista convidado.

 

O escultor Enrique Conde está radicado na Ría de Arousa e conta cunha traxectoria de máis de 30 anos no mundo da arte. A súa obra está presente en galerías, fondos de coleccións privadas e en lugares públicos como O Monte da Condesa, en Santiago de Compostela.

 

A exposición permanecerá aberta ata o 21 de xaneiro de 2011. O horario de visitas é de luns a venres de 19 a 22 horas. A Aula de Cultura Ponte de Rosas está situada na Avenida da Feria Nº 10, Baixo, Gondomar.

Dim lights Embed Embed this video on your site