Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Magosto e Cogomelos en Panxón

Magosto e Cogomelos en Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Magosto e cogomelos en Panxón
O tradicional Magosto do Concello de Nigrán terá lugar o próximo sábado 13 de novembro no pavillón de deportes de Panxón.  Durante todo o día haberá obradoiros e xogos para nenos, postos de artesanía (cerámica, coiro, bixutería, etc.) e diversos produtos tradicionais (noces, mel , licores, rosquillas, etc.) que estarán a venda.

A actividade se desenvolverá coa programación das II Xornadas dos Cogomelos, de tal xeito que mentres os maiores participan das propostas relativas as setas, os nenos terán as súas propias no pavillón.

O programa de obradoiros comeza ás 11 da mañá ata as 14 horas. Os máis pequenos poderán colorear e recortar castañas, os maiores de 7 anos construirán meigas e vagabundos con produtos naturais, e para tódalas idades una actividade mural “o magosto é…”.

Dende as 16 ás 20 horas,  xogos (encesta a castaña), e máis obradoiros para colorear e recortar setas, mariquita con castañas, etc.

A partir das 18 horas comeza o “Magosto popular” con castaña e viño de balde, amenizado polo grupo de gaitas Os do bo dente, da Asociación Veciñal de Nigrán.