Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona acollerá unhas xornadas sobre a duración da propriedade intelectual

Correo-e Imprimir PDF

O director da Escola Galega de Administración Pública e catedrático de Dereito Civil, Domingo Belo Janeiro, presentou onte en Baiona as xornadas sobre a duración da propriedade intelectual e as obras de domínio público, que se desenvolverán os dias 22 e 23 deste mes.

Belo Janeiro sinalou que na actualidade «a propiedade intelectual é unha propiedade temporal, cunhas faculdades patrimoniais que se extinguen co paso dó tempo». O responsable de formación dos funcionários galegos destacou que «unha vez que se extinguen polo transcurso dó tempo, as faculdades patrimoniais inseres na propiedade intelecutal as obras obxecto desta caen en dominio púbico, dominio cun alcance que é necesário explicar».

O Concello de Baiona retoma o plano de protección do casco histórico

Correo-e Imprimir PDF

O goberno proferese contestar ás alegacións e aprobar o documento definitivamente.
O alcalde aposta por elaborar unhas normas flexibeis que respondan ás necesidades actuais.

O Concello de Baiona retomará as xestións do plano especial de protección do casco histórico que foi aprobado inícialmente fai xa dez anos.

300 novos atraques para Montereal

Correo-e Imprimir PDF

O Monte Real Club de Iates de Baiona solicitou a Portos de Galicia a concesión dunha lámina de auga para a instalación de mais pontos de amarre para embarcacións de recreo. A pretensión do porto desportivo é estender os pantalans cara as proximidades do espigón e da praia Barbeira. desta forma, disporian de espazo para unhas 300 novas prazas, se ben o número final de amarres dependerá do tamaño das embarcacións.

A Universidade Menéndez Pelayo leva a Baiona por primeira vez os seus cursos.

Correo-e Imprimir PDF

O debate sobre o futuro de América Latina atrae á vila a peritos durante tres dias
O seminário é un primeiro paso para criar no município un foro iberoamericano.

O Parador de Baiona acolle até mañá mércores un curso de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo para analisar o renacer económico e político de América Latina.

Monterreal non é seguro

Correo-e Imprimir PDF

DSCN1400.jpgO acidente laboral que o pasado domingo acabou coa vida dun traballador da TVG puxo sobre a mesa a falta de seguridade en toda a fortaleza de Monterreal.

O paseo que percorre a península de Monte Boi polo interior das murallas carece de varandas en alguns tramos nos que se atravesan pendentes de ate oito metros de altura. Moitos usuários consideran que non é suficiente con advertir do perigo mediante paneis informativos e pensan que deberia existir algun obstáculo que impida cair ao valeiro aos viandantes nun descuido.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL