Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O alcalde propón á Xunta crear un centro de día en Sabarís

O alcalde propón á Xunta crear un centro de día en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Baiona enviou un escrito ao vicepresidente de Igualdade e de Benestar, Anxo Quintana, ofrecéndolle un terreo municipal onde poder edificiar un centro de día destinado a persoas que non poidan valerse por si mesmas. 
A parcela posúe unha superficie de 400 metros cadrados e está ubicada no barrio de Sabarís da parroquia de Santa Cristina. Almuiña pensa que a planta baixa do edificio que se podería construír estaría destinada á atención de persoas maiores, minusválidos ou enfermos de Alzheimer. Tamén podería albergar un local para o servizo de axuda a domicilio, mentres que a planta superior podería utilizarse como un centro social para uso dos veciños da parroquia.
http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=4325239