Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O concello paraliza un galpón construído no litoral de Sabarís

O concello paraliza un galpón construído no litoral de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Foto
Outro caso máis de osadía urbanística foi detectado xunto ao cemiterio de Sabarís. No solar de reducidas dimensións, procedeuse, "con nocturnidad, premeditación e alevosía", segundo fontes municipais, levantar un galpón que incumple todo o establecido. Trala orde de paralización de obra, cando se dispoñían colocar o tellado, xorde a saída de pata de banco do responsable do atrevimiento: pouca cousa, era para almacenar materiais de construción.

Desde o concello especifícannos o rexeitamento: incumple toda normativa da zona de protección de Costas, a zona verde do Plan Xeral, carece de volume edificable... Advertido o responsable da obra, dínnos que pretendía o exposto, cando non cabe, tampouco, conceder alí licenza para industria molesta ou insalubre. 

Multa
O concello lanza o aviso de demolición, puntualizando que, cada mes que pase, xérase unha multa unha multa que oscila de 3.000 a 6.000 euros. 

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=33213&pIdSeccion=3&pNumEjemplar=2471