Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O profesor Xhu Lun en Baiona

O profesor Xhu Lun en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
O profesor Zhu Lun, unha das máximas autoridades científicas e académicas de China, experto en nacionalidades minoritarias, foi recibido onte polo Alcalde de Baiona, Sr Vázquez Almuiña. O profesor Zhu participa nun intercambio co IGADI, becado por Casa Asia e o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, co obxecto de intercambiar coñecementos sobre a organización político-territorial de Estados plurinacionais. O profesor Zhu traduciu ó chino a obra de Salvador de Madariaga, El Magnífico Señor don Cristóbal Colón.

Na reunión, o profesor Zhu Lun, mostrouse agradecido polo trato recibido na nosa vila, e moi contento pola sua estancia en Baiona que durará tres meses.

Zhu Lun está realizando un estudio comparativo das minorías e busca modelos de convivencia entre elas.

Durante a reunión se fixo entrega de varios detalles por ambalas dúas partes, recibindo o Alcalde de Baiona un pergamino chino pintado a man.

Zhu lun é investigador catedrático do Instituto de Etnoloxía e Antropoloxía , IEA, Academia de Ciencias Sociais de China.

O profesor é Investigador visitante na Universidade Autónoma de Barcelona e Madrid e a nivel internacional no Insituto Nacional Indigenista de México. Asimesmo, realizou traballos de campo en distintas zonas de China, como Mongolia e Yunnan.

Foi ademais Xefe do Departamento Exterior de IEA, CASS, e Xefe do Centro de Estudios de España, o Instituto de Estudios Europeos, CASS, membro da Comisión académica de IEA, CASS, e da Comisión dos Expertos do Fondo Nacional de Investigación das Ciencias Sociais de China, Vicepresidente e secretario xeral da revista " World Ethno-national Study", Vicepresidente e secretario xeral da Asociación de Estudios das Nacionalidades munidiais de China, Vicepresidente da Asociación das Teorias Nacionalistas de China, Membro do Consello Executivo da Asociación de Etnólogos de China e Titular do Diploma de Premio Gubernamental, concedido polo Consello Nacional de R.P. de China.

Tamén realizou diversas obras e tesis, entre elas, Introducción as Nacionalidades en China, Sobre os Dereitos Políticos dos Indíxenas en México e breve presentación sobre a Lexislación das Autonomías en España.

Asimesmo, realizou diversas traduccions do español ó Chino.

O vindeiro xoves día 3 de novembro ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, o profesor Zhu Lun será entrevistado por Victor Iglesias Viqueira (Faro de Vigo), Pedro Telmo (www.valminor.info) e Anxo Quintela (www.vieiros.com). O acto está organizado polo IGADI e Casa Asia e será presentado e moderado por Xulio Rios e ó que asistirá o Alcalde, Jesús Vázquez Almuiña.