Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Incremento de impostos en Baiona

Incremento de impostos en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

A corporación de Baiona aprobou onte cos votos do goberno a modificación das ordenanzas fiscais que regulan os principais impostos municipais.

O concellal de Facenda, Alfonso Mandado, xustificou a necesidade de actualizar estas tarifas que non se modificaban desde fai 10 anos para poder adaptarlas á normativa reguladora. O IBI equiparose co dos concellos cercanos. no IEAE estabelecese un coeficiente de situación que pondera a ubicación física do local. O canon de tranporte sofre uns incrementos que varian en función da necesidade de redondeo, afectando sobre todo aos veículos de grande cilindrada. O de obras estabelece dous tipos de gravamen, para obras menores e para novas edificacións.

Bonificacións

As bonificacións serán dun 25 por cento no IBI para as vivendas de protección oficial e dun 50 por cento no IEAE para empresas que creen emprego. O imposto de obras contempla bonificacións para actuacións declaradas de especial interese ou de utilidade municipal e dun 25 por cento para a criación de vivendas de protección oficial.

O portavoz socialista, Carlos de la Peña, considerou insuficiente a proposta do goberno para as necesidades dos viciños. Por exemplo, o IBI non se estabelece recargos para os proprietários de casas abandonadas ou a bonificación para vivendas de protección é dun 25 por cento e non dun 50 por cento como permite a lei. O seu grupo voto en contra, mentres que o BNG se abstivo.

O pleno deu conta da renúncia de Isabel Domínguez e tamén se aprobaron as festas locais do ano que ven. O festivo da Arribada traslada-se no 2006 ao venres 3 de marzo e o 20 de xullo, Santa Liberata, tamén será dia non laborábel en Baiona.

www.lavozdegalicia.es