Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Un radar informativo controla a velocidade na Avenida de Sabarís

Un radar informativo controla a velocidade na Avenida de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Os sinais luminosos adornan a conflictiva Avenida de Sabarís, que serve de acceso principal a Baiona. A Concellalía de Tráfico e Seguridade Cidadá, dirixida por Manuel Duarte, instalou onte un radar informativo para avisar aos condutores cada vez que excedan dos corenta quilómetros por hora permitidos na zona. O dispositivo trata de diminuir a meia de velocidade á que discurren os veículos polo vial, que duplica a permitida en numerosas ocasións, segundo sinala o xefe da Policia Local, Pedro Alonso.

O Concello de Baiona utilizará este aparello como elemento disuasorio para que os condutores diminuan a marcha. O alcalde, Xesus Vázquez Almuiña, insiste en que a concienciación social "pode ser tan efectiva como as sancións", ainda que non descarta que o radar se utilice no futuro para tramitar denuncias, como os aparellos convencionais. O certo é que o disparo de luces da instalación pode servir como proba á hora de promover unha sanción, asegura Pedro Alonso.

Leer máis en www.farodevigo.es