Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de Baiona recibe o premio â??Carmen Ferroâ?? da Deputación Provincia

O Concello de Baiona recibe o premio â??Carmen Ferroâ?? da Deputación Provincia

Correo-e Imprimir PDF

A Deputación Provincial de Pontevedra, especialmente sensibilizada co tema da muller, convocou este ano o premio “Carmen Ferro”, destinado ós concellos ou mancomunidades que estiveran desenvolvendo ou quixeran levar a cabo, plans de igualdade de oportunidades que sexan viables.

O Concello de Baiona por medio da Concellería de Igualdade de Xénero, que coordina Adolfo González Pino, presentouse como candidato có 1º Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Baiona 2005-2006, no que esta Concellería adicou un grande esforzo tanto persoal como económico para que poidese desenvolverse.

Con este Plan pretendiase senta-las bases dunha política de igualdade municipal seria e realista con vocación de permanencia e continuidade, realizándose dende a proximidade e a realidade das persoas executoras e as persoas beneficiarias.

A través de cinco áreas de intervención, especifícanse as actuacions que se van a desenvolver durante estos dous anos no eido da igualdade de oportunidades, entre as que destacan a posta en funcionamento do Centro da Información á Muller (CIM), que xa é unha realidade no noso municipio, así como diversas medidas de sensibilización e conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Por todo o exposto, e tendo en conta a cronoloxía exposta no Plan, establecendo unha temporalización para levalo a cabo, e pola vindeira creación do Consello da Muller, como órgano coordinador das distintas actuacións que se pretenden levar a cabo no plan, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, acordou por unanimidade concede-lo Premio “Carmen Ferro” ó Concello de Baiona, dotado de 6.000 €, que repercutirán nas accións que se desenvolverán neste Plan de Igualdade no vindeiro ano.