Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Pesca ampliará o porto de Baiona con 2 millóns

Pesca ampliará o porto de Baiona con 2 millóns

Correo-e Imprimir PDF

DSCN3583.jpgA Consellería de Pesca investirá mais de dous millóns de euros na ampliación do muelle pesqueira de Baiona e en instalacións complementarias. Pese a que ainda non se mercaron os terrenos para ubicar as naves onde se colocará a cetárea e a minidepuradora, o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, e o patrón maior da Confraria de Pescadores A Anunciada, Xesus López Méndez, asinaron onte o plano do porto.

A tan só tres dias da xornada electoral, o titular de Pesca apresentou as actuacións previstas para este ano polo Executivo galego. O investimento servirá para construir unha nova nave de duas plantas no porto con unha superfície de 1.600 metros cuadrados. O inmuebel disporá de servizos, vestiários, salga de vixiláncia, laboratório, aula taller e escola de redeiras.

Polbo e ourizo
Asimismo, a estrutura acollerá unha sala de transformazón, envasado e etiquetado con duas liñas de producción. Por un lado, xelaráse o polvo para que a confraria poda vendé-o directamente e, na segunda liña, extrairánse as gónadas do ourizo capturado.

Ler nova completa do Faro de Vigo