Martes, 12 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Baiona acorda coa Xunta o financiamento das obras para mellora do camiño Portelos en Baredo.

Baiona acorda coa Xunta o financiamento das obras para mellora do camiño Portelos en Baredo.

Correo-e Imprimir PDF
portelos caminho baredo

Esta mañá o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, José Alberto Pazos Couñago, asinaron un convenio de colaboración para mellorar a accesibilidade, renovando o drenaxe e firme, do Camiño Portelos situado na Parroquia de Baredo.

O proxecto ten un orzamento de 36.204,22 euros (IVA excluído).O Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvimiento Rural (Feader) financia un 75% do proxecto mentres que o 25% restante contan a cargo dos fondos propios da Comunidade Autónoma e transferencias finalistas do Estado.

Vázquez Almuiña explicou que o proxecto, que ten como obxectivo mellorar a recolleita de pluviais e repoñer a capa de rodadura do Camiño Portelos de Baredo, vaise a levar a cabo en agosto antes de que cheguen as choivas e liquidar deste xeito a acumulación de auga. Así mesmo, con esta obra os veciños verán mellorado o tránsito peatonal e no acceso ás leiras limítrofes.

Para iso proponse unha serie de actuacións a levar a cabo. En primeiro lugar realizarase o roce e despexe da vexetación e limpeza das cunetas existente duns 150m aproximadamente para posteriormente proceder á renovación do drenaxe incorporando un colector DN= 315mm cos correspondentes sumidoiro e arquetas.

Unha vez realizado, estenderase a capa de rodadura do pavimento de calzada con mestura bituminosa en quente tipo AC16 SURF 50/70 D de 5 cm de espesor, estendida e compactada, incluíndo betún e filler de recuperación, previo rego de imprimación con 1Kg de emulsión tipo ECI.

Estímase un prazo de execución dun mes para a realización dos traballos.

O convenio rubricado esta mañá en Baiona asinouse ao amparo dunha orde de subvencións da Vicepresidencia, para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais destinadas a Concellos galegos en 2015; que está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia.

Este programa, do mesmo xeito que a Xunta de Galicia, ten entre as súas prioridades "mellóraa da calidade de vida nas zonas rurales" e por iso o Goberno galego decidiu apoiar economicamente a aquelas actuacións cuxo obxectivo sexa mellorar as infraestructuras e equipamentos de uso público e, xa que logo, dos servizos municipais que os concellos prestan aos seus veciños e veciñas.