Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Sabarís ten un retraso den entraga de correo de máis 6 días por saturación

Sabarís ten un retraso den entraga de correo de máis 6 días por saturación

Correo-e Imprimir PDF

Correos RetrasosUGT denuncia a acumulación de mais de 6.000 envios postais en Baiona.

Os habitantes do município de Baiona e o de Oia reciben as suas cartas con demora de vários dias. A federación de servizos públicos de UGT denuncia a acumulación de mais de 6.000 cartas e paquetes postais en toda a zona. O problema afecta especialmente á parroquia de Sabarís, para a que existen uns 4.000 envios amontonados cada dia, segundo os datos ofrecidos polo secretário do departamento do mencionado sindicato, José Canal Iglesias.

 

Esta acumulación ocasiona unha demora de entre catro e seis dias na chegada do correo ao seu destino, "mais no caso de Sabarís porque acumula unha maior cantidade", explica o sindicalista. Pese a que os envios urxentes, telegramas ou cartas certificadas repartense de forma ordinaria, numerosos viciños presentaron queixas na secretaria neste sentido, Canal anima aos morantes a continuar coas protestas, pero tamén pide comprensión cara os repartidores, xa que "non teñen nengunha culpa".

Oito repartidores

O sindicato atribui o problema ao incremento urbanístico e poblacional que o município rexista desde fai anos sen que se aumentase o número de repartidores. Oito carteiras "catro urbanos e catro rurales" encargánse de todo o município e de Oia, unha cantidade coa que "é imposible poder atender o reparto da xornada". Por iso, Canal reclama a contratación dos repartidores necesários para cubrir o servizo e pide o cese do director territorial da División de Correos e do xefe do Equipo de Estudios da zona porque "están a causar graves problemas nas secretarias de Pontevedra".

www.farodevigo.es