A un custe de 214 mil euros o quilómetro comezaron as obras que unirán o paseo marítimo ao resto do carril-bici que vai cara á Guarda. Unha nova proba contra reloxo que afronta Baiona a días de comezar a arribada de visitantes. Para darlle un toque de motivación ás obras, a conselleira Ethel Vázquez as visitou nesta xornada, acompañada do alcalde Jesús Vázquez Almuíña. "O noso obxectivo é axilizar ao máximo a súa construción para que este carril –bici poida estar operativo este verán e sexa empregado o antes posible polos residentes e polos numerosos turistas que visitan esta vila", afirmou a responsable da conselleira de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.
Inda a súa importancia para a circulación e ocio de veciños e visitantes, e o incremento do tráfico no período estival, as obras recen comezaron e a empresa encargada conta cun prazo de tres meses para rematar 1 quilómetro da mesma. Lonxitude afectada neste traballo.
Trátase dunha actuación de un quilómetro de lonxitude, cun investimento de 214.000 euros que permitirá comunicar o carril-bici xa en servizo entre Baiona e A Guarda (PO-552) co existente no paseo marítimo de Baiona, segundo informe da Xunta de Galicia.
A responsable de Territorio e Infraestruturas aproveitou para promocionar a política de mobilidade da Xunta na zona. Nese senso destacou que a mobilidade agora é "máis sostible e segura, coa promoción dun transporte máis respectuoso co medio para os veciños da área metropolitana de Vigo. Un conxunto de medidas no que destacan a recente posta en marcha o Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, que permite aos veciños de Baiona viaxar a Vigo por 1,3 euros ou a Nigrán por 85 céntimos."
Ethel Vázquez tamén puxo de relevo "os máis de 40 quilómetros de vías peonís e ciclistas feitos aquí na área de Vigo" ou o contrato asinado a pasada semana que fará que nestes días comecea redacción dos proxectos de sendas peonís e carrís bici a executar nas estradas autonómicas da comarca de Vigo.