Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Festa da Arribada estricta no regulamento.

Festa da Arribada estricta no regulamento.

Correo-e Imprimir PDF
Ver máis fotos da arribadaO Concello de Baiona reducirá á metade o praciño da Arribada para velar polo rigor histórico da celebración e garantir a seguranza dos visitantes. Os únicos tenderetes permitidos serán os que facilite o Concello, nunca mais de 200. Se hai mais solicitudes serán rexeitadas e ninguén poderá montar postos pola sua conta, salvo os estabelecementos comerciais da vila, que deberán someterse ao rigor exixido pola organización.

O Concello incentivará aos comerciantes que colaboren na ambientación. Asi, a aquilos que cubran os seus postos con toldo de lona granate, se lles devolverá a cuota de inscrición, 25 euros por metro lineal. Outra novidade, será a proibición de cociñar nos tenderetes, o que reducirá notabelmente a oferta gastronómica da festa.

O alcalde afirmó que a organización será moi estrita co rigor histórico, vixiado permanentemente pola Guardia Real, que sancionará coa retirada de licenza e posto se se contravén o regulamento.

A festa celebrarase do dia 4 ao 6 de marzo.

Ler nova completa da Voz de Galicia