Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Gas Galicia inicia mañá a instalación da sua rede de abastecemento en Baiona

Gas Galicia inicia mañá a instalación da sua rede de abastecemento en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Gas Galicia iniciará mañá a primeira fase de instalación da sua rede de fornecemento no município de Baiona. O concellal de Vias e Obras, Manuel Vilar, explicou que os traballos, que comezarán na ponte de A Ramallosa, consistirán na colocación de mais de 10 quilómetros de canalizacións, que conformarán o cinto xeral de distribución do gas natural no município.

As conduccións atravesarán a ponte pola sua cara externa e continuarán pola rua Julián Valverde, a praza Vitória Cadaval, Porta dó Sol, Areas e a estrada de Santa Marta até a rotonda de Baíña.

As obras, con un orzamento total que ascende a 392.254,80 euros, está previsto que concluan o 1 de marzo, segundo un acordo atinxido entre o concello e a empresa, e desenvolveránse de forma progresiva "para ocasionar o mínimo transtorno aos viciños", indicou Vilar.

Unha equipa de arqueólogos de Patrimonio supervisará a marcha desta primeira fase dos traballos "posto que se desenvolverán en duas zonas de ámbito e controlo arqueológico, o entorno da ponte romana e o istmo da avenida de Santa Marta", sinalou o edil de Vias e Obras. Ademais, agregó "traballaráse de forma coordinada con outras empresas de servizos que dispoñen de instalacións subterráneas na zona".

Manuel Vilar destacou a importáncia da rede de fornecemento de gas natural, que "contribuirá a mellorar a calidade de vida dos viciños, sobre todo nun momento de grande medra urbanística, e contribuirá a incrementar o atractivo turístico do município", apontou.

As obras continuarán con unha segunda fase na que se construirán as redes secundárias que levarán o suministro a todos os bairros e paróquias da localidade como Sabarís, Belesar, Baíña e Baiona centro. nunha terceira fase, ainda por concretar, as conduccións do gas poderian estenderse até Baredo.

www.farodevigo.es