Mércores, 16 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Ladeira amence con exemplares de peixes mortos varados

Ladeira amence con exemplares de peixes mortos varados

Correo-e Imprimir PDF
Estado dun dos exemplares varados | Imaxe Vm

 - Veciños alertaron hoxe da presencia de "ducias" de peixes mortos varados en Ladeira.

- A morte podería estar relacionada cun aparello de pesca atopado na zona.

Esta mañá a praia de Ladeira amencía con "ducia" de exemplares mortos varados no areal.  Así o advertía un veciño da zona na páxina de Facebook de Baiona Denuncia onde denunciaba a aparición muxos, sollas e robalizas mortos ao longo do areal..

Ningún organismo local ou autonómico responsable emitiu comunicado público ao respecto, polo que se descoñecen as causas da mortandade destes exemplares, ainda que todo fai supor que podería ter relación co aparello de pesca atopado.

Ás sete da tarde apenas quedaban catro exemplares mortos no areal. Gaivotas e corvos dábanse o banquete cos exemplares varados.

VIDEO